3/10/14

Referencias de Banda Deseñada desde Lalín

http://marelabe.blogspot.com.es/

Excelente páxina con referencias de Banda Deseñada, realizada desde a biblioteca "A Marela Tarabela" do IES Ramón María Aller Ulloa (Lalín, Pontevedra). Cada unha das referencias conta cunha ficha editorial e algunhas conteñen outras informacións. Pódense facer buscas por "etiqueta" e atopar títulos que son adaptacións de textos narrativos, aventuras, banda deseñada, banda deseñada galega, biografías, ciencia ficción, costumismo, crónica BD, denuncia e crítica, detectives, divulgación científica, economía, fantasía épica, filosofía, heroínas, histórica, humor, manga, etc. Unha ferramenta máis para adentrarse no mundo do cómic e a novela gráfica.

1 comentario:

Marela Tarabela dijo...

Graciñas. A idea da Marela B.D é proporcionar unha base de datos de referencias sobre BD. É unha base aberta para a consulta e a colaboración de quen queira. Neste sentido, sería de moito agradecer que nos informásedes de referencias que deberían estar e nos fixésedes suxestións en relación cos descritores (matizacións, correccións, ampliacións...). Isto último parécenos moi, moi importante. Apertas grandes